EDUCACIÓN

As familias gozaron do seu día no Multiúsos do Sar

16/05/2014 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, comprobou in situ a boa acollida das actividades programadas para celebrar o Día Internacional da Familia. Ao longo da tarde foron moitos os composteláns e compostelás que se achegaron ata o Multiusos do Sar para participar nelas.

Durante a tarde houbo diversas actividades que tiveron como eixos principais o recoñecemento á institución da familia, a concienciación dos cativos na igualdade de xénero e na corresponsabilidade nas tarefas do fogar.

Os máis novos gozaron cos inchables, xogos e coa presenza do contacontos "De Tintín Marín", que correu a cargo de Soledad Felloza.

Para rematar a xornada, o Mago Xacobe co seu espectáculo "Ilusións Máxicas", fixo disfrutar a todos os presentes ofrecendo unha actuación onde os espectadores tivereron a posibilidade de participar e gozar dela.

Compartir: