ALCALDÍA

O Pazo de Raxoi recibe á SD Compostela no peche de tempada

16/05/2014 O alcalde de Santiago, Ángel Currás, recibiu esta mañá en Raxoi aos adestradores e directivos da SD Compostela con motivo do final de tempada regular na volta do equpio santiagués á Segunda división B.

O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu ás 12:00 horas aos directivos e corpo técnico do equipo compostelán que este ano volvían a competir na categoría de bronce do fútbol español e que, dende hai unhas xornadas, conseguiron a permanencia que lles permite xogar un ano máis nesta categoría.

Ángel Currás expresou o seu "orgullo" por recibir o club branquiazul e congratulouse polo éxito final, logrado grazas ao "empeño e esforzo" do equipo. Dixo da SD Compostela que é un "referente" para a cidade e comprometeuse a que o Concello "apoiará na medida que poidamos" o club.

O presidente da SD Compostela valorou o "esforzo e compromiso dos xogadores, do corpo técnico e da afección que nos apoiou". E cara o futuro, manifestou o "propósito de traballar con firmeza e seriedade" para conseguir "levar ao equipo da cidade á Segunda División" nun marco que coincide co vixésimo aniversario do ascenso da SD Compostela á Primeira División para o que está previsto un partido amistoso contra o Rayo Vallecano.

VI Xornadas Farmacéuticas de Galicia
O alcalde compostelán tamén recibiu esta mañá aos participantes nas VI Xornadas Farmacéuticas de Galicia e Asamblea Nacional de Federación de Farmacias Españolas.

Unhas xornadas que sirven para estudar a realidade da Farmacia galega e, en especial, para sentar as bases do futuro da profesión.

Compartir: