MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local pon en marcha unha campaña especial sobre o control de motocicletas

19/05/2014 En cumplimento da programación das Campañas e Operacións de Vixilancia e Control para o ano 2014 que leva a cabo a Dirección Xeral de Tráfico, entre os días 19 e 25 de maio, terá lugar unha nova Campaña especial sobre o control de motocicletas.

A Policía Local centrarase en controlar adiantamentos antirregulamentarios, caducidade da ITV, o non uso do casco e os excesos de velocidade, que constitúen os principais factores de risco, así como a maior parte das infraccións cometidas polos motoristas.

O uso da motocicleta incrementouse significativamente dende o ano 2003, especialmente como alternativa ao automóbil nos desprazamentos urbanos, cun aumento no parque de motocicletas do 88%, fronte ao 19% dos turismos.

Ademais, a especial vulnerabilidade da motocicleta fai que dende o ano 2003 o número de accidentes con vítimas nestes vehículos pasase do 10% sobre o total ao 22% no 2012.

No ano 2012, os usuarios das motocicletas participaron nun 22% do total de accidentes con vítimas e o 73% dos accidentes con vítimas nos que se viron implicadas motocicletas producíronse en vías urbanas rexistrándose un 31% de falecidos, un 49% de feridos graves e un 76% de feridos leves.

Esta campaña ponse en marcha coa fin de axudar a reducir o número de feridos e falecidos en accidentes de circulación, ademais de para poder ter unha idea máis exacta da incidencia e a súa evolución a nivel nacional.

Compartir: