EDUCACIÓN

O Departamento de Educación colabora na celebración do Día Internacional do Celíaco

14/05/2014 O próximo 27 de maio, o Departamento de Educación en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia, organizan un conxunto de actividades co obxectivo de contribuír á divulgación entre a comunidade escolar de Compostela desta enfermidade.

A primeira destas actividades terá lugar esta tarde, 14 de maio, ás 17,30 h no edificio CERSIA cunha xornada formativa sobre a dieta sen glute para os monitores da rede municipal de comedores escolares de santiago, á que ten previsto asisitir a concelleira de educación, María Castelao.

O martes, 27 de maio, Día Nacional do Celíaco, o menú dos comedores escolares adscritos ao Servizo de Comedores será intengramente un "menú apto para celíacos". Máis de 700 escolares que actualmente son usuarios do servizo de comedores poderán participar nesta experiencia educativa co obxectivo de informar e educar debidamente sobre unha enfernidade cunha incidencia cada vez maior.

Ademáis, desenvolverase unha campaña informativa en todos os centros educativos de Compostela, coa distribución de folletos informativos sobre esta enfermidade, co obxectivo de achegarse ao maior número de escolares,

Compartir: