DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Actividades do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela para o mes de maio

16/05/2014 Dentro do marco de actividades organizadas polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), este mes terá lugar un obradoiro de limpeza natural e un roteiro polas Brañas do Sar.

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, localizado no parque de Belvís, que quere ser un espazo aberto á participación ambiental da cidadanía, prepara novas actividades para este mes de maio.

A primeira delas será un obradoiro de limpeza natural o día 18 de maio de 17:30 a 18:45, no que se aprenderá a fabricar productos de limpeza para o fogar.

Para o sábado 31 de maio, de 12:00 a 13:30, está previsto un roteiro interpretativo polas Brañas do Sar. Visitarase este espazo da cidade para coñecer os seus valores naturais, os usos tradicionais que mantén e outros segredos que garda.

Estas dúas actividades son de balde e a inscrición pode facerse no teléfono 981543145; na web do CIAC:
http://dus.santiagodecompostela.gal/index.php?option=com_content&view=article&id=32:ciac&catid=59:ciac-gl&Itemid=135&lang=gl
e no link:
https://docs.google.com/forms/d/1fsGo41AD4uwIVGYhtb2WqEBpEw8lwqdNxtnugIieJp8/viewform?usp=send_form

Actividades organizadas no CIAC por outras organizacions:
Ademais o Centro de Interpretación Ambiental ten preparado un obradoiro de vídeo ambiental dentro do programa "Revoltallo", organizado por Amarante, Verdegaia e A Xuntanza, os días 16 e 17 de maio.

Tamén están programadas visitas ao centro por usuarios e usuarias de ASPANAES e de varios grupos dos centros CEIP López Ferreiro, Compañía de María e CEIP Fontiñas.

Compartir: