ALCALDÍA

Concentración silenciosa no Obradoiro en sinal de loito e condena polo asasinato de Isabel Carrasco

13/05/2014 O Concello de Santiago gardou un minuto de silencio polo asasinato da presidenta da Diputación de León, Isabel Carrasco.

O Concello uniuse ao chamamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para colgar hoxe as bandeiras a media asta e gardar un minuto de silencio ás 12,00 h en sinal de loito e condena polo asasinato da presidenta da Deputación Provincial de León.

Deste xeito, Santiago de Compostela súmase ás numerosas condolencias e mostras de apoio á familia que se están levando a cabo en todo o país.

Compartir: