TURISMO

Unha delegación de Tanabe visita Santiago para reforzar a colaboración entre ambas cidades

12/05/2014 A Catedral acolle mañá ás 10.30 unha actuación de monxes budistas e sacerdotes xintoístas, que representará a unión entre o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo. Os alcaldes da cidade nipona, Mitsutoshi Manago, e de Santiago, Ángel Curras, renovarán o convenio de colaboración para a promoción conxunta das cidades e dos Camiños de Santiago e Tanabe.

Unha ampla delgación procedente de Tanabe, encabezada polo seu Alcalde, Mitsutoshi Manago, xa está en Santiago. Na delegación viaxa un grupo de monxes budistas e sacerdotes xintoístas da Prefectura de Wakayama, que mañá farán unha actuación na Catedral de Santiago, nun evento que representará a unión e as similitudes entre o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo, que son as dúas únicas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. A actuación, de entrada libre, será ás 10.30 horas.

A delegación de Tanabe está composta tamén por funcionarios do Concello de Tanabe e técnicos da súa entidade de promoción turística. A visita forma parte do traballo conxunto entre Santiago e a cidade nipona na promoción das súas respectivas rutas de peregrinaxe. Ambas cidades levan anos colaborando, pero esta colaboración reforzouse no último par de anos co obxectivo de profundizar na promoción conxunta e aproveitar as novas posibilidades que ofrece a conexión de Santiago co hub de Turkish Airlines en Estambul, que mellora a conectividade entre Galicia e Xapón.

Tras a actuación dos monxes budistas na Catedral, a delegación desplazarase ao Pazo de Raxoi, onde o Alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o Alcalde de Tanabe, asinarán un novo convenio de colaboración entre ambas cidades. O convenio recoñece que: "O Camiño de Santiago e o Camino de Kumano aos Grandes Santuarios son os dous únicos paisaxes culturales de peregrinaxe designados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. Ambas rutas souberon conservar as tradicións e cultura dos seus respectivos lugares sagrados, cheos dun inmenso legado histórico, a través dos tempos". Por iso establece o obxectivo compartido de promocionar conxuntamente ambos destinos de peregrinación.

O mércores, a delegación de Tanabe, acompañada do Alcalde de Santiago, terá a oportunidade de facer un tramo do Camiño de Santiago ata o Monte do Gozo. De feito, farán un percorrido similar ao que fixeron o príncipe herdeiro ao trono, Naruhito, e o primeiro ministro nipón, Shinzo Abe, nas súas recentes visitas a Santiago, que foron unha gran promoción para a cidade no mercado nipón.

Compartir: