EDUCACIÓN

Os alumnos das escolas de música do Eixo Atlántico amosaron as súas habilidades na praza do Toural

11/05/2014 Dende as 9 h da mañá do sábado, alumnos e alumnas da escolas de música e de conservatorios municipais das cidades do EIXO ATLANTICO participantes na IV Mostra Musical do Eixo Atlántico, comezaron a interpretación das pezas que estiveron preparando ao longo dos últimos meses coa axuda dos seus profesores e profesoras.

En representación da cidade de Santiago de Compostela participaron nesta edición catro xóvenes músicos que cursan os seus estudos na Escola Municipal de Música de Santiago: Uxía Caneda Cao, saxofonista, de 13 anos; Javier Crugeiras Ríos, Violín, de 10 anos; Esther Xia Pérez-Parallé Mera, violín, de 10 anos; e Alvaro López Sánchez, pianista, de 9 anos.

Todos eles participaron na modalidade de solistas, amosando una técnica e unha capacidade interpretativa públicamente recoñecida polo xurado de profesionais que tivo que avaliar o seu traballo, entre máis de 50 concursantes. Interpretaron obras de Telemann, Fiocco, Sarasate, Elgar e Khachaturian.

Pola tarde ás 16, 30 h na sala principal no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, sede deste recoñecido concurso musical convocado bianualmente polo Eixo Atlántico, deuse a coñecer o nome dos e das finalistas, que na xornada do domingo volveron ter que interpretar as obras musicais na final deste Certame.

Da representación compostelán pasaron á final: Esther Xia Pérez-Pallaré Mera, violín, que interpretou un "Concerto" do autor alemán Fritz Seitz (1848-1918) e Álvaro López Sánchez, piano, que interpretou "Variaciones sobre un tema de Paisiello" de L. van Beethoven (1770-1827).

Os xóvenes artistas estiveron acompañados dunha nutrida representación familiar, o equipo directivo da Escola Municipal de Música e do Departamento de Educación do concello de Santiago.

Ao mesmo tempo, o domingo, sobre a 13 h, tivo lugar un concerto extraordinario da Orquestra, da Banda e da Agrupación de Música Tradicional, tres formacións grupais da Escola Municipal na Praza do Toural, una nova ocasión para coñecer o traballo de educación musical desenvolto nestes meses.

Compartir: