SERVICIOS SOCIAIS

A UMAD pon en marcha un curso de perruquería canina e equina

10/05/2014 Trátase dunha iniciativa que a Umad dirixe a aqueles mozos e mozas que abandonaron o sistema educativo formal e carecen da necesaria capacitación para desenvolver unha profesión. Este curso capacita ao alumando para profesionalmente realizar tarefas de perruquería e coidados básicos caninos e equinos. A concelleira da Área de Servizos Sociais visitou os obradoiros.

O curso está destinado a un grupo reducido de 15 participantes (debido ao seu alto contido práctico). Costa de 40 horas, nun 90% prácticas (con animais, cabalos e cans) e repártese en dous cursos:
Iniciación á perruquería canina e equina nivel I e Iniciación a perruquería canina e equina nivel II.

O lugar onde se imparte é a feira de gando de Amio. A entidade encargada da formación é o "CLUB HIPICO DE PURA RAZA GALEGA" e o custe total do curso ascende a de 7.260 euros dos que 5.082 euros sona portados por unha subvención de "bens decomisados por tráfico de drogas e outros delitos" do ministerio de Sanidad e Servicios Sociales e o restante, 2.178 euros, son dos orzamento municipais.

A finalidade última destes cursos, non solo é capacitar ao alumnado para un desenvolvemento profesional senón que se trata de que os rapaces retomen o contacto coas actividades formativas.

Como punto a destacar dicir que as primeiras prácticas cara ao publico –que se desenvolverán ademáis con cabalos de pura raza galega, raza autóctona en perigo de extinción-, realizaranse o vindeiro día 29 de maio na tradicional e centenaria Feira Cabalar da Ascensión no Mercado Nacional de Gando de Santiago de Compostela e o día 14 de xuño na feira agro-gandeira a celebrar no recinto da Feira Internacional de Galicia na "Semana Verde de Galicia" na localidade de Silleda (Pontevedra).

Documentos relacionados



Compartir: