NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA

Comezan as actividades do programa "En galego con todas as letras"

09/05/2014 Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Xosé María Díaz Castro, a concellería de Normalización Lingüística ten programadas entre hoxe, dia 9, e o 28 de maio, unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos que poderán participar e gozar en galego.

Unha das iniciativas previstas é a denominada "En todo estás e ti es todo" que terá lugar esta tarde ás 20:30 horas no Teatro Principal. Un espectáculo musical sobre a figura de Rosalía de Castro, que ofrece o grupo ARTIXTAS do bacharelato de artes do IES Antonio Fraguas. As entradas aínda se poden retirar esta mesma tarde a partir das 18 horas no despacho de billetes do teatro.

Para o luns 12, ás 11:00 h no Auditorio de Galicia, o alumnado dos centros IES Eduardo Pondal, Compañía de María, La Salle e IES Xelmírez II asistirá a un acto de homenaxe e achegamento á figura e á obra de Xosé María Díaz Castro. Está protagonizado por Santi Cribeiro e Héctor Lorenzo (músicos) e Serafín Marcos (actor). Ademáis inclúe unha dramatización e un concerto preparados especialmente para a mocidade pola Editorial Galaxia.

Tamén o luns á mesma hora, no Seminario Menor da Asunción, está programada a primeira de tres sesións para alumnado de ensino secundario sobre o poeta Celso Emilio Ferreiro. Proxectarase unha curtametraxe sobre o autor dirixida por Aser Álvarez con base no documental 100% CEF, unha biografía de Celso Emilio Ferreiro, que obtivo o Premio Mestre Mateo, o premio especial do xurado do Festival Internacional de Cine Documental de Bucarest e o Premio Xosé Aurelio Carracedo de Xornalismo. Ao remate haberá un coloquio no que participarán o director do traballo, o axudante de dirección, Plácido Romero e Luís Ferreiro, fillo do poeta celanovés.

Documentos relacionados



Compartir: