SERVICIOS SOCIAIS
A recollida de cueiros continuará durante varios días en todos os centros socioculturais da cidade, na propia Concellaría de Benestar Social, na Casa das Asociacións de Benestar Social e na Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes, así como no Multiúsos e en Santa Isabel.
Comezou a terceira campaña de recollida de cueiros
08/05/2014 O partido que o Multiusos Fontes do Sar albergou entre o Río Natura Monbus e o Cajasol foi o comezo da terceira edición da "Operación Cueiro", posta en marcha pola Área de Servizos Sociais do Concello de Santiago e dirixida pola concelleira María Castelao.
Durante a xornada o club santiagués habilitou un espazo no que todos os afeccionados puideron depositar a súa achega solidaria en forma de paquetes de cueiros, coa intención de axudar a familias en situación de extrema necesidade.A recollida de cueiros continuará durante varios días en todos os centros socioculturais da cidade, na propia Concellaría de Benestar Social, na Casa das Asociacións de Benestar Social e na Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes, así como no Multiúsos e en Santa Isabel.