TURISMO
Esta iniciativa súmase á longa lista de colaboracións que empresas e institucións galegas e españolas veñen realizando co fin de difundir as actividades vinculadas ao VIII centenario da peregrinación a Santiago de Compostela.
A ONCE dedica un cupón ao VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asis a Santiago
09/05/2014 A Organización Nacional de Cegos quixo implicarse na celebración do VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asis á cidade compostelá. Con este motivo realizou un cupón conmemorativo, que foi presentado esta mañá no Hotel Monumento de San Francisco. A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu ao acto.
Este cupón pretende homenaxear a peregrinación que Francisco de Asis, fundadaor da orde franciscana, fixo a cidade de Compostela durante a reconquista cristiá da Península Ibérica.Esta iniciativa súmase á longa lista de colaboracións que empresas e institucións galegas e españolas veñen realizando co fin de difundir as actividades vinculadas ao VIII centenario da peregrinación a Santiago de Compostela.