ALCALDÍA

O alcalde reúnese coa Confederación de Empresarios da Coruña

08/05/2014 O presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontela, acudiu hoxe á Casa do Concello para reuniurse co alcalde, Ángel Currás.

O salón verde do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá ao presidente da Confederacíon de Empresarios da Coruña que se achegou ao Concello, un día despois de que o alcalde compostelan se reunira co Foro Cívico Empresarial.

Nesta ocasión o alcalde mostrou a súa satisfacción por celebrar esta xuntanza executiva na cidade de Compostela e poder comprobar de primeira man a opinión dos empresarios da Confederación sobre a situación de crise que nestes momentos están a atravesar.

Unha situación que o propio alcalde xunto co presidente da Confederación, Antonio Fontela, ven con optimismo a raíz de que a "macroeconomía comeza a funcionar" e permite "percibir un horizonte esperanzador da cara o futuro".
O encontro deixou satisfeitas a ámbalas partes e desexosos de que se volva repetir en futuras ocasións.

Compartir: