SEGURIDADE

O comisario xefe do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Enrique León, despediuse do alcalde

02/08/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao comisario xefe do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Enrique León, quen deixa o seu cargo.

Enrique León desempeñou as súas funcións en Compostela nos últimos cinco anos, dos case 40 que leva de exercicio profesional. O alcalde expresoulle o agradecemento polo seu traballo e desexoulle sorte na súa nova etapa. Durante os últimos días, o comisario está a recibir numerosos recoñecementos e homenaxes.

Compartir: