NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA

A Concellería de Normalización Lingüística convoca unha reunión informativa sobre o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego

02/05/2014 A pasada semana presentábase a segunda edición deste concurso que ten como obxectivo favorecer a innovación e a creatividade na publicidade á vez que promove que esta se realice en lingua galega.

As bases aprobadas na Xunta de Goberno recollen que os proxectos que se presenten deben estar deseñados por profesionais da comunicación, o deseño ou a publicidade e planificados para un negocio asentado en Compostela, de calquera área de actividade económica. Asemade, establecen un premio de 5.000 euros para o proxecto que seleccione un xurado profesional de entre os presentados con todos os requisitos antes do 15 de xuño.

Para explicar os termos da convocatoria, grazas á colaboración prestada pola Cámara de Comercio de Compostela, a Concellería convida a todas as persas interesadas a unha xuntanza informativa que terá lugar no salón de actos da Cámara (rúa de San Pedro de Mezonzo, 44) o vindeiro mércores 7 de maio, ás 20.30 horas. Nesta reunión participará tamén Isabel Vila, gañadora da anterior edición do Concurso de proxectos de publicidade comercial para explicar e valorar a súa participación.

Compartir: