SERVICIOS SOCIAIS

Aprobadas as bases para as actividades en prol da igualdade e o movemento asociativo das mulleres

02/05/2014 Coa finalidade de contribuír ao financiamento de actividades do movemento asociativo de mulleres de Compostela, a Concellaría da Área de Servizos Sociais, a través do Departamento de Muller e Igualdade, realiza anualmente esta convocatoria.

As bases desta subvención serán proximamente publicadas no BOP e dende o día seguinte á publicación abrirase o prazo para a presentación das solicitudes, que será de 15 días hábiles.

Na convocatoria do ano 2013 foron beneficiarias desta liña de subvencións 11 entidades.

Compartir: