ALCALDÍA

O primeiro ministro xaponés visita Santiago

04/05/2014 O alcalde de Santiago, Ángel Currás, xunto co presidente do Goberno, Mariano Rajoy, acompañou ao primeiro ministro xaponés, Shinzo Abe, e a súa esposa nesta visita, que servirá para reforzar as relacións bilaterais entre ambos países.

Shinzo Abe chegou a España coincidindo coas celebracións do denominado Ano Dual España-Xapón, que conmemora o 400 aniversario da chegada da Embaixada Keicho, a primeira misión diplomática xaponesa, a España.

Durante a súa visita en Santiago de Compostela, realizaron unha ruta turística coñecendo os lugares emblemáticos da cidade como o Monte do Gozo, onde a delegación xaponesa puido disfruar da vista panorámica da cudade, ou a Catedral compostelá onde, ademáis de realizar un percorrido polo seu interior, asistiron á Misa do Peregrino na que se fixo voar o Botafumeiro. A visita concluíu cun almorzo no Parador de Turismo, situado na mesma Plaza do Obradoiro.

Este encontro ademáis de axudar a reforzar as relación bilaterais entre os países, tratábase dunha cita de gran interés para a delegación xaponesa por coñecer o entorno do Camiño de Santiago, xa que os nipóns teñen unha ruta similar de peregrinaxe polos seus templos budistas, o Camiño Kumano.

Éste acto súmase ás actividades que se están a realizar en Santiago nos meses de maio e xuño con motivo do Ano Dual España Xapón 2013-2014.

Compartir: