EDUCACIÓN

Nova Carta de Cidades Educadoras

06/04/2005 O Pleno celebrado o 31 de marzo aprobou o texto da nova Carta das Cidades Educadoras.

As cidades con representación no Primeiro Congreso Internacional de Cidades Educadoras, celebrado en Barcelona en novembro de 1990, recolleron na Carta inicial os principios básicos para o impulso educativo da cidade.

Partían do convencemento de que o desenvolvemento dos seus habitantes non se pode deixar ao azar. A Carta foi revisada no III Congreso Internacional (Boloña, 1994) e no de Xénova (Novembro de 2004) para adaptar as súas propostas aos novos retos e necesidades sociais.

O pleno do 31 de marzo aprobou este novo texto, que se pode descargar no arquivo axunto.

Compartir: