TURISMO

Santiago acollerá o 6,7 e 8 de xuño aos afeccionados do Patchwork

28/04/2014 A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou en rolda de prensa o V Festival de Patchwork en Galicia, unha técnica de costura que ano a ano gaña adeptos e que alcanzou a denominación de arte. Consiste en crear mantas a base de retazos de outras telas.

O centro comercial de Area Central acollerá, por primeira vez en Santiago de Compostela, o V Festival de Patchwork. Durante tres xornadas poderemos gozar de exposicións desta técnica, cursos para iniciados e expertos, expositores con casas comerciais de Galicia e España así como a presenza dun grupo de artesanos e expositores de "Artesanía de Galicia".

Trátase dun evento anual organizado pola Asociacón Galega de Patchwork, unha asociación sen ánimo de lucro creada por mulleres en 2009 que traballan propiciando reunións para fomentar á creatividade dentro do empredemento empresarial ou no ámbito social no que se desenvolvan.

Un festival que en certames anteriores tivo un gran éxito de público chegando a atraer 2 000 , 3 000 ou 15 000 persoas na última edición que se celebrou en Sitges, e que nesta ocasión ademáis, escolle a cidade de Santiago de Compostela para dar a copñecer e mostrar esta novidosa discipina que tanto éxito esta colleitando a nivel nacional como internacional.

A concellería de Turismo quere apoiar este evento que, segundo indicou a edila Reyes Leis, será positivo para o turismo e o comercio compostelán.

Compartir: