NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA

Remata o Club de Debate do curso 2013-2014

25/04/2014 Unha iniciativa na que o Concello de Santiago de Compostela participou xunto cos concellos de Ames, Carballo O Carballiño, Pontevedra, Teo e Ferrol. O Teatro Jofre, acollerá a fase final do Club de Debate do curso 2013-2014

O Club de Debate diríxese a un dos sectores estratéxicos no proceso de normalización da nosa lingua, a mocidade, e faino co obxectivo xeral de impulsar o uso da lingua galega activando o uso oral do idioma en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia entre os participantes durante todo o desenvolvemento da actividade).

Nas distintas fases locais da edición do curso 2013-2014 participaron 21 equipos de 16 centros de ensino, conformados por un total de 180 alumnos e alumnas dos distintos concellos.Cada equipo de traballo estivo coordinado por un ou dous preparadores que os asesoraron en aspectos como a procura de información, a disertación en público, a argumentación, etc.

Logo de se desenvolveren as fases locais nas comarcas de Santiago de Compostela, Pontevedra, O Carballiño e Ferrol, son oito os equipos que acceden á final galega:

IES Plurilingüe de Ames
IES Parga Pondal - Carballo
IES Leixa - Ferrol
IES Saturnino Montojo - Ferrol
IES Nº 1 - O Carballiño
IES M. Chamoso Lamas - O Carballiño
IES Luís Seoane –Pontevedra
IES A Xunqueira 1 –Pontevedra

Os oito equipos enfrontaranse entre eles e terán que debater sobre o seguinte enunciado: "Pódese vivir en galego". O horario de desenvolvemento da actividade é dende as 10.00 horas ata as 20.30 horas, cando se coñecerá o equipo gañador e as puntuacións dos debates, o que dará paso a entrega de premios.

O xurado encargado de decidir quen é o equipo gañador estará formado por cinco persoas propostas polos concellos participantes. Os membros desta fase final son Daniel Romero Rodríguez, técnico de normalización lingüística do Concello de Fene; Adela Pita Permuy, técnica de normalización lingüística do Concello de Narón, Marta Marta Fernández Alberte, profesora de ensino secundario, María Mercedes Torres Hermida, profesora dos Celga, María Pilar López Suárez, profesora dos Celga.
, O equipo vencedor do Club de Debate gañará unha viaxe dunha fin de semana, para un máximo de 20 persoas, con contidos culturais que contribúan aos obxectivos deste proxecto.

Compartir: