BENESTAR SOCIAL

Un total de 23 colexios participan na segunda edición de Encontros de Centros para unha convivencia positiva

24/04/2014 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, inaugurou na Biblioteca da Cidade da Cultura o II Encontro de Centros para unha convivencia positiva, que organizan o IES Antonio Fraguas de Santiago, o IES Xulián Magariños de Negreira e o IES Fin do Camiño de Fisterra. O venres 25 terá lugar a segunda xornada que porá o punto final a dúas intensas xornadas.

Trátase dun encontro entre diferentes centros educativos que comparten unha mesma visión sobre a construción dunha convivencia positiva na escola buscando un intercambio de experiencias, boas prácticas e materiais entre os participantes.

Para elo as dinámicas escollidas, que correron da man de Gorka Ruiz, director de Bakeola e presidente do Foro de Asociacións de Educación en Dereitos Humanos e pola Paz do País Vasco, "Espazo Aberto" e "World café", foron dirixidas tanto aos sesenta profesores como aos trinta pais e nais que, aproximadamente, asistiron.

Para o venres, no edificio novo do IES Antonio Fraguas, levaranse a cabo obradoiros socioeducativos relacionados coa convivencia e a mediación a través de talleres de prevención de acoso escolar e de radio e valores.

A xornada rematará coa entrega de diplomas, fotos de grupo así como un percorrido fotrográfico polo casco histórico da cidade, visita aos tellados da Catedral e a posterior elaboración de conclusións e despedida.

Este programa que organiza a concellería de Benestar Social, ten como obxetivos a creación dunha rede de apoio entre centros escolares para o intercambio de experiencias, implantando nos centros participantes ferramentas organizativas para a xestión pacífica dos conflitos e así propiciar o traballo en rede a través da participación de entidades de iniciativa socio-comunitaria.

Documentos relacionados



Compartir: