XUVENTUDE

O grupo Hellorice faise co certame de MúsicaXove 2013

24/04/2014 A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, acompañada polo director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e a concelleira de Educación, María Castelao fixo entrega dos galardóns aos premiados.

O Certame tivo lugar ao longo do último trimestre do ano 2013, sendo a final o día 30 de novembro na Sala Capitol. Un total de 38 grupos de toda Galicia participaron no certame organizado pola concellería de Xuventude.

Catro grupos foron os finalistas, que participaron no concerto final: Turbolaser (Vilargarcía), Hellorice (Santiago), Persé (Teo) e Neko e Daso (Poio). Rematadas as actuacións, fíxose pública a decisión do xurado, que elixiu como gañador desta edición a Hellorice, o segundo premio foi para Turbolaser e o premio especial de xurado recaeu en Persé.

Os premiados recibiron un premio en metálico xunto coa gravación dun disco conxunto entre o 4 grupos que pasaron a final. Este disco foi gravado grazas á colaboración de Dirección Xeral de Xuventude, que asume a custo da gravación.

Compartir: