DEPORTES

Santiago acolle por segundo ano consecutivo o Campionato de Enduro

24/04/2014 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou en rolda de prensa o campionato de España desta modalidade de motociclismo que se celebrará polo entorno compostelán esta fin de semana. Un total de 175 motos citaranse na Prazo do Obradoiro para a súa presentación.

Tras o éxito conseguido e a gran experiencia que se viviu o pasado ano, Santiago acolle por segunda vez consecutiva unha edición, que máis aló do deportivo da proba, xenera unha riqueza cultural, turística e social para a cidade.

O venres sobre as 11:30 horas levaranse a cabo todas as verificacións administrativas e técnicas pertinentes. Unha vez finalizadas, espérase que sexa sobre as 19:30 horas cando os pilotos saian todos xuntos do Parque Cerrado (A)–Estadio de San Lázaro, para dirixirse ao Parque Cerrado (B)-Praza do Obradoiro, onde apagarán o motor e dará comenzo a presentación oficial da proba.

O sábado as 09:00 dará comezo a salida. Os participantes partirán da Praza do Obradoiro e dirixiranse cara á "Especial Extrema" situada no Estadio de San Lázaro. Recorrerán un total de 22 km ata chegar a "Especial San" Monte do Gozo e tras 54 km pasarán a C1 "Especial Xacobeo" Monte do Gozo. Así completarán un total de 4 voltas ao circuito.

Á finalización da carreira os pilotos dirixiranse ao Paddock Parque Cerrado (A)-Estadio de San Lázaro, onde deixarán as súas motos ato o día seguinte.

A entrega de premios farase ese mesmo sábado pola tarde as 16:00 onde se galardoarán os gañadores da proba.

Para o domingo, a proba comezará as 09:00 e terán que facer o mesmo recoorido pasando pola "Especial Extrema", "Especial San" e "Especial Xacobeo" durante catro veces.

Farase a entrega de premios ás 16:30 no Paddock do Estadio de San Lázaro, poñendo fin a un gran evento deportivo que o concelleiro de deportes, Adrián Varela,espera e desexa "sexa a antesala de próximos campionatos nacionais e internacionais".

Compartir: