XUVENTUDE

O Parque Pena Aventura en Portugal acolleu á xuventude de Compostela

15/04/2014 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participou na segunda xornada das actividades programadas para Semana Santa en Portugal, no parque Pena Aventura.

A Concellería de Xuventude pretende con estas actividades constituír unha iniciativa de ocio alternativo, fomentar a práctica deportiva e a adquisición de hábitos saudables, crear un punto de encontro no que compartir intereses comúns e promover a información, concienciación e sensibilización da poboación sobre o medio natural.

O programa destinado a rapaces e rapazas de 14 a 30 anos empadroados en Santiago, comezou onte luns, día 14, nas instalacións da Ribeira da Pena coas actividades de escalada, slide (tirolina), tiro con arco e caza nocturna do Tesouro.

A ruta Aventura, descenso en Fantasticale e Rafting foron as actividades que se realizaron na xornada de hoxe, nas que puido participar e disfrutar a concelleira de xuventude.

O programa remata maña mércores, día 15, coas actividades de paintball, salto negativo e minigolf poñendo punto e final a tres xornadas de actividades onde todos os participantes gazarán desta gran experiencia.

Compartir: