XUVENTUDE

Inaugurada a exposición fotográfica de MúsicaXove2013

10/04/2014 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asistiu á inauguración da exposición que tivo lugar no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Trátase dunha exposición composta por 32 fotografías e imaxes representativas do concurso. As fotos tomáronse durante o concerto das finais, celebrado na Sala Capitol, e foron realizadas polo fotógrafo Andrés Fraga. Neste concerto participaron os sete grupos finalistas.

Compartir: