ALCALDÍA

O alcalde inicia cos avogados e procuradores unha rolda de reunións para a defensa do partido xudicial de Santiago

09/04/2014 O rexedor compostelán, Ángel Currás, reuniuse no Pazo de Raxoi cos decanos dos colexios de avogados e de procuradores, Evaristo Nogueira e José Paz, para establecer os pasos a dar na defensa da demarcación xudical de Santiago. É a primeira das reunións que manterá o alcalde nos próximos días con diferentes institucións da cidade.

Trala xuntanza, Currás indicou que traballarán conxuntamente para mantar a actual distribución xa que a nova que plantea o Antreproxecto de lei do poder xudicial tería serias consecuencias para a cidade. "A posición de mantemento do partido xudicial de Santiago como capital e non como solución de excepcionalidade de sala desprazada é unánime". De feito, o partido xudicial de Santiago abarca 26 municipios e 274.365 habitantes, cunha litixiosidade importante, polo que o alcalde fixo fincapé en que "a carga de traballo e os asuntos que se tratan fan necesario que se manteña o partido".

Ademais indicou que iniciará unha rolda de contactos con outras institucións como a Cámara de Comercio, a USC ou Xunta de Galicia para manter unha estratexia única e común de apoio á demarcación actual. Currás tamén anunciou que se reunirá cos grupos municipais.

A nova proposta "alonxa aos cidadáns da xustiza", indicou, xa que "hai que ter en conta as circusntancias xeográficas e as características dos asentamentos e a dispersión da poboación". Así mesmo, o partido xudical de Santiago é un dinamizador económico da capitalidade do partido

Pola súa banda, o decano dos avogados, Evaristo Nogueira, agradeceu o apoio do alcalde. "Temos un criterio unánime", apuntou, "Santiago co estatuto que ten de capitalidade debe ter o trato que se merece", polo que pediu unha reflexión profunda ao Ministerio de Xustiza.

Documentos relacionados



Compartir: