DEPORTES

O pazo de Raxoi recibe a selección de fútbol sala de Xapón

07/04/2014 O concelleiro Deportes, Adrián Varela e a concelleira de Turismo, Reyes Leis recibiron o combinado xaponés que xogará esta tarde un partido amistoso contra o Santiago Futsal. A entrada será gratuita.

Esta tarde o Santiago Futsal recibe en Sar á selección de Xapón, de xira por España preparando o Campionato de Asia que se xogará en Vietnam do 28 de abril ó 11 de mayo.

A selección xaponesa, dirixida polo granadino Miguel Rodrigo e vixente campioa de Asia disputará este partido de preparación no Multiusos de Sar as 17.30 horas.

Será unha xornada de portas abertas, de modo que os aficionados non tendrán que pasar por taquilla.

Esta cita, ademais do meramente deportivo, trata de seguir unindo lazos turísticos e culturais, que se concretan fundamentalmente na irmandade entre os camiños de Santiago e de Kumano Kodo.

As cidades de Tanabe e Santiago levan anos colaborando na promoción conxunta destas rutas únicas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco e este ano reforzouse a colaboración pola celebración do Ano Dual España Xapón, co que se conmemora a chegada a España da primeira delegación diplomática xaponesa a un país occidental en 1613.

O concelleiro Adrián Varela comunicou que asistirá ó partido de esta tarde no que desexou ao combinado xaponés as mellores das sortes para o campionato de Asia.

Compartir: