MEDIO RURAL

O Concello destinará preto de 700.000 euros a obras de mellora no rural

04/04/2014 O concelleiro de Medio Rural, dependente da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, Luis Mejide, presentou esta mañá en rolda de prensa as obras e melloras que se están a realizar no rural, onde se investirán 689.000 euros a través dunha subvención da Deputación da Coruña. Santiago é o concello que maior subvención recibe por parte da entidade provincial.

O edil salientou as obras que se están a rematar dentro do POS 2013 e lembrou que no Plan de Obras e Servizos 2014 a cifra de investimento no rural acadará os 689.000 euros, a máis alta de toda a provincia da Coruña.

Dentro das obras do 2013, na zona de Sabugueira estase a facer unha mellora e acondicionamento de vías na que o presuposto de adxudicación ronda os 70 000 euros. Só falta por executar o hormigonado do núcleo de San Paio, que se está á espera da autorización de Patrimonio.

Tamén se está a realizar unha mellora e acondicionamento no Eixo. Unha obra na que Patrimonio pide cambiar de pavimento, de asfalto a hormigón lavado, no interior do núcleo e para o que se investiu 23 920 euros.

En Bando procedéronse a limpar as cunetas das pista e síguese traballando estes días no rego asfáltico; para elo cóntase cun presuposto de 28 890 euros.

O xoves da semana que vén comezarán as obras nas parroquias de Marantes e Frades, unha a continuación da outra, para o que se conta cun presuposto total de 68 486 euros, que mellorará as vías destas áreas.

Así mesmo ampliouse a rede de abastecemento e saneamento nas parroquias de Sabugueira, de Silvouta e en Sarela de Arriba. A primeira destas, xa rematada, contou cun orzamento de 40 520 euros; seguido duns 20 250.46 na zona de Silvouta, onde se ampliará a rede uns 294 metros. Finalmente á parroquia da Peregrina destinaranse uns 83 335,75 euros.

Tamén se está a facer un traballo de rebacheo nestas zonas do rural, para o que se destinou unha partida inicial de 12.000 euros e unha segunda de 20.000. Así mesmo, o concelleiro indicou que en 10 ou 15 días se comezará con outro rebacheo.

Por último, Luis Meijide, lembrou que xa se está a traballar na redacción das bases para sacar o concurso de desbroces.

Compartir: