RÉXIME INTERIOR

Expostas ao público as listas do censo entre o 7 e o 14 de abril con motivo das eleccións ao Parlamento europeo

03/04/2014 As listas do censo estarán expostas ao público do 7 ao 14 de abril por mor da celebración das eleccións ao Parlamento europeo o 25 de maio deste ano. Poden consultarse no Padrón municipal.

Os/as cidadáns/as deben consultar a súa situación no censo electoral, especialmente as persoas que cambiaron de domicilio e os que cumpriron 18 anos.

O horario de atención ao público para consultas ou presentar posible reclamación administrativa sobre os seus datos censuais, é de de 8.30 a 14.30 de luns a venres na Oficina do Padrón Municipal, sita nos baixos de Concello, Praza do Obradoiro nº 1.

Poden chamar ao teléfono do Concello de Santiago 981542318.
Para calquera consulta poden chamar ao teléfono 901.101.900

Compartir: