XUVENTUDE

A concelleira de Xuventude participa no obradoiro de calceta organizado polo seu departamento

02/04/2014 A concelleira Rebeca Domínguez asistiu ao curso de calceta, unha das técnicas de formación tradicional que se oferta no programa de novas accións formativas organizado pola Concellería de Xuventude.

A edil asistiu a este taller que tivo lugar na tenda Faino ti na rúa de San Pedro e que está destinado á aprendizaxe e práctica do tecido coa técnica da calceta para confeccionar prendas propias con lá, trapillo, etc; este obradoiro tamén se impartirá os días 9, 23 e 30 de abril.

Ademais, este establecemento albergará dous cursos máis que se imparten dentro da oferta de técnicas tradicionais: un taller para aprender a tecer con ganchillo que comezou o día 1 e que continúa o 8, 22 e 29 de abril, de 18:00 a 19:30 horas e un taller de Amigurumi o luns 5 e o mércores 7 de maio, unha tendencia xaponesa que consiste en tecer pequenos bonecos con técnicas de croché ou ganchillo.

A oferta formativa da Concellería de Xuventude complétase cun obradoiro de elaboración de velas e con outro de elaboración de xabróns decorativos, ambos no CSSXM do Ensanche.

Compartir: