PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Cita co programa Imos ao Baile o próximo sábado 5 de abril

02/04/2014 Comeza o mes de abril cunha nova cita co programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polas Concellarías de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá.

O sábado 5 de abril a partir das 17.00 h na Casa das Asociacións de Cornes terá lugar unha nova sesión de baile, que nesta ocasión estará amenizada polo grupo Luzada.

A participación é de balde, suxeita unicamente ao aforo do salón do Casa das Asociacións.

Casa das Asociacións de Cornes
Rúa de Manuel Beiras 3,
Teléfono 981 542 350

Próximos bailes, consultar calendario do programa en:
www.santiagosociocultural.org

Compartir: