MERCADOS

A concelleira de Mercados comprobou in situ as melloras realizadas no recinto de Amio

02/04/2014 A edil de Mercados, Reyes Leis, visitou o recinto feiral de Amio acompañada do xerente, Luis Suárez Llanos, para comprobar de primeira man as obras realizadas pola empresa concesionaria.

Como sinalou a edil, o que se trataba hoxe era comprobar in situ as obras que se lle pediron á concesionaria que fixera nos últimos meses, como foi a mellora das gaiolas, dos abrevadeiros, así como a colocación de vallas para se guíe ao gando e evitar que escape cando suben aos camións. Así mesmo, actuouse no chan das saídas para evitar que o gando esvare e habilitaronse corrais para cando hai exceso de animais. Estas eran as medidas máis urxentes que requería a Unión Europea, pero "seguiremos pouco a pouco mellorando todo o posible e cumplindo coa normativa de benestar animal". En total, nas melloras realizadas desde 2011, a concesionaria investiu preto de 100.000 euros.

Reyes Leis sinalou que están a efectuar as reformas solicitadas, aínda así, indicou, "quedan cousas por facer". Por iso reuniuse cos gandeiros e veterinarios para escoitar as súas demandas e seguirá mantendo encontros para determinar as actuacións prioritarias, algunhas delas alleas ao Concello.

Entre as asignaturas pendentes a concelleira lembrou a determinación da medida e dimensión das gaiolas así como un raiado máis alá das ramplas para evitar esvaróns no tramo que fan os animais dende as gaiolas ao camión. Tamén a solución das filtracións de auga cando chove e hai vento.

Por outro lado tamén se está barallando a posibilidade de habilitar un circuíto de prácticas para homologar os permisos dos condutores profesionais, co que sería un novo uso para Amio, una iniciativa que a concelleira valorou positivamente.

Compartir: