EMPREGO

O Concello de Santiago celebrará en abril unha nova edición do Foro da Intermediación e o Emprego

26/03/2014 Durante dúas xornadas daranse a coñecer os distintos servizos e programas de apoio ao emprego que presta a Axencia Local de Colocación.

O Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia acollerá os días 24 e 25 de abril a celebración do Foro de Intermediación e Emprego (FIE), segundo anunciou esta mañá en rolda de prensa a concelleira de Turismo, Economía, Emprego e Mercados de Santiago, Reyes Leis.
O Foro é unha iniciativa da Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela, en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego. O obxectivo principal do Foro FIE é favorecer a mellora das competencias e cualificacións profesionais das persoas demandantes de emprego e informar sobre os recursos e ferramentas útiles para a busca activa de traballo.

Como na anterior edición, celebrada o pasado mes de novembro, a participación neste evento é completamente gratuíta, tanto para as empresas coma para a cidadanía en xeral.

A Axencia Local de Colocación é un servizo dependente da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego del Concello de Santiago de Compostela, que ten a misión de apoiar a dinamización do mercado de traballo local a través da promoción de oportunidades e capacidades para a inserción de desempregados e a intermediación laboral.

Compartir: