CENTROS SOCIOCULTURAIS E TRÁFICO

Rematan as charlas da Policía Local sobre seguridade peonil nas zonas rurais

25/03/2014 O Local Social da Peregrina acolle esta tarde a últimas das charlas organizadas dentro da campaña "Mira que te miren", ofrecidas pola Policia Local en colaboración coa DGT. Participaron as concellerías de Tráfico e Seguridade Cidadá e de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Asiste o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello.

As sesións comezaron o 17 de decembro nos locais socioculturais de Marantes e de Figueiras reunindo en torno a unhas 56 persoas.

Dada a alta acollida e aceptación por parte das asociacións veciñais, estas charlas ampliáronse ás parroquias de Laraño, Villestro, e A Gracia, onde asistiron un total de 45 persoas.

Este ciclo de sesións informativas que rematarán esta tarde as 17:30 horas no Local Social da Peregrina, e á que asistirá o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, teñen como obxetivo concienciar aos peóns do perigo de camiñar por zonas rurais sen tomar unha serie de precaucións.

O fin último é o de combinar as accións formativas a través de charlas a usuarios da vía, con accións preventivas, prestando unha especial atención ás infraccións que poidan cometer os peóns e condutores que xeneren riscos de atropelos, así como aquelas condutas pouco seguras dos peóns.

Para iso, durante esta campaña repartíronse chalecos reflectantes entre as personas que acudiron ás sesións coa idea de fomentar o uso desta prenda entre os peóns xa que facilita a visibilidade da persoa por parte dos condutores.

Trátase, por tanto, dunha campaña informativa, non sancionadora, na que os axentes informan aos peóns para que modifiquen os seus hábitos e así disminua os riscos de atropelos.

Compartir: