TURISMO

Santiago participa na xuntanza do Spain Convention Bureau

25/03/2014 O Comité executivo do Spain Convention Bureau celebrouse en Madrid o 24 de marzo e contou coa presenza da concelleira de Turismo, Reyes Leis, en representación do alcalde compostelán.

O SCB está formado por 58 cidades españolas que traballan conxuntamente para a captación de congresos, e a Comisión executiva está integrada por Granada, León, Oviedo, Lleida, Cuenca, Toledo e Santiago.

Na xornada de onte decidiuse o plan de accións para todo 2014 e medio semestre de 2015, ano electoral, para evitar que se paralice a actividade pola celebración de eleccións municipais.

En canto á promoción internacional, farase unha xornada inversa co mercado francés e un acto paralelo en Londres á meeting espectáculo coa OET. Así mesmo, organizarase unha xornada de formación o 11 e 12 decembro para os técnicos de congresos, previsiblemente sobre o mercado alemán. Tamén se volverá realizar o estudo de turismo de reunións en 2014 e continuarase coa colaboración público- privada con empresas españolas e marca España. A próxima asemblea será en Granada o 5 e 6 de xuño.

Ademais o SCB representará ás cidades integrantes nas feiras IMEX de Frankfurt, meeting espectáculos de Londres, EIBTM de Barcelona, e no Spain meeting point organizado por Turespaña.

Compartir: