CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo para a inscrición na viaxe "Descubre o Ribeiro entre viñedos"

25/03/2014 O xoves 27 de marzo a partir das 17h ábrese o prazo para a inscrición nunha nova viaxe programada no marco do programa municipal Imos de excursión. Nesta ocasión os participantes descubrirán o Ribeiro entre viñedos do 26 e 27 de abril.

A viaxe é un convite a coñecer o mundo da enoloxía do Ribeiro, achegándose á vila de Ribadavia, visitando a adega de Colleiteiro, a feria de Castrelo de Miño e unha licoreira.

O prezo da viaxe é de 186€(por persoa en habitación dobre). Inclúe o aloxamento nun Pazo(Entreviñedos), guía acompañante dende orixe, guía oficial nas visitas, un almorzo, dúas comidas e unha cea con menú concertado, circuíto termal, autobús e seguro de viaxe.

O programa de viaxes e excursións da Rede Municipal de centros socioculturais prevé un total de dezasete actividades ao longo deste ano 2014. Desde o seu inicio o pasado 9 de marzo está a ter unha excelente acollida, cubríndose en pouco tempo as prazas nas excursións programadas nas primeiras datas do programa.

Información e inscrición nos centros socioculturais.
www.santiagosociocultural.org

Compartir: