EDUCACIÓN

Educación colabora no concurso Kid’s Master Chef, onde os máis pequenos poderán mostrar as súas habilidades na cociña

24/03/2014 A concelleira de Educación, María Castelao, presentou en rolda de prensa o concurso Kid's Master Chef, que se realiza en colaboración coa escola infantil Kid's Garden e que supón ampliar a oferta de ocio infantil na cidade.

O concurso, que terá lugar na Escola Infantil Infantil Kid’s Garden, situada na avenida das Burgas 6 (Campus Sur) celebrarase o vindeiro 5 de abril. Nel poderán participar ata 80 rapaces de 4 a 9 anos.

A concelleira María Castelao salientou que se trata dunha actividade que busca fomentar a alimentación saudable dos máis cativos, así como a súa creatividade, autonomía e responsabilidade. De aí o apoio decidido da edil a través Concellería de Educación, que vén traballando por ampliar a oferta de ocio infantil tanto a través de actividades propias como sumándose ás que organizan outras entidades, como neste caso.

A xornada comezará ás 11 da mañá cunha clase prática a cargo de Karina Carreira, chef de Ruta Jacobea, que ensinará dous platos da súa creación aos nenos. A continuación iniciarase o concurso propiamente dito onde cada un dos cativos participantes deberán elaborar un plato elixido previamente, sen empregar lume nin forno.

Trala elaboración de cada prato, un xurado composto por un representante do Concello de Santiago de Compostela, outro do Centro Superior de Hostelería de Galicia, un representante da Asociación de Hostelería de Compostela; un de El Correo Gallego e a chef de Ruta Jacobea, será o encargado de deliberar cales son as mellores propostas.

Habrá dous premios por categoría: de 3 a 6 anos, e de 7 a 9 anos. O primeiro premio consta dunha noite no Pazo Vilar de Ferreirós, Arzúa (Santiso) do Grupo Ruta Jacobea con almorzo incluído, acompañado de seus pais e unha tablet. O segundo mellor prato recibirá unha tablet e 6 bonos de asistencia aos talleres en inglés que organiza a Escola Kid’s Garden. Ademais todos os participantes recibirán o seu correspondente diploma de participación e dous bonos para a asistencia gratuíta aos talleres en inglés da escola.

A inscripción podese realizar enviando un email, antes do día 1 de abril, á dirección: yalsalirdelcole@kidsgardensantiago.com

Documentos relacionados



Compartir: