DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

A praza de Vigo xa conta co seu parque infantil

24/03/2014 O alcalde de Santiago, Ángel Currás e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, asistiron á psota en marcha do parque da praza de Vigo, que conta cun parque infantil, un circuito biosaudable e xogos de auga no estanque existente. Espérase que nos vindeiros días se abra o parque de praza de Galicia.

Trátase dnha intervención que contou cun orzamento de 125 000 euros e que pretende, xunto co novo parque da praza de Galicia, darlle vida e uso a unhas prazas que ata o de agora non o tiñan.

O parque conta cunha área de xogos que poderá ser utlizada por nenos e nenas de distintas idades e condición física, asegurando igualmente o acceso daqueles con mobilidade reducida. Éstes poderán disfrutar dun xogo de torres separado por idades (para maiores de 6 anos e para menores), un carrusel xiratorio, columpios, un saltador trampolín, xogos de muelles, un xogo electrónico, balancíns, dunha cabana así como dun xogo da oca no solo do parque.

Ademais, o parque posúe un circuíto biosaludable que conta con elementos axeitados para a saúde integral e acondicionamento físico das persoas que fagan uso de él.

En canto ao mobiliario existente, instaláronse bancos, papeleiras, carteis e fontes. Así mesmo realizouse unha remodelación do estanque que leva un sistema automatizado formado por varios difusores. Un complemento estético e, ao mesmo tempo, un xogo para os nenos. Ademais levouse a cabo a construción dunha valla cunha altura de 1,5 metros que permitirá pechar o parque pola noite.

Antes de que remate o mes, está previsto que se inaugure o parque da praza de Galicia que contará con áreas de xogo que farán recordar, facendo honor ao nome da praza, a Galicia dos bosques e a Galicia marítima.

Compartir: