ALCALDÍA

Úbeda e Baeza súmanse ao Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade

22/03/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asisitiu en Toledo á Asemblea Xeral do Grupo, na que se aprobou a incorporación de dúas novas cidades: Úbeda e Baeza, co que xa son 15 as integrantes.

A xuntanza celebrouse na sala de Directores do Museo do Exército e ao remate da mesma sumáronse os alcaldes de Úbeda e Baeza, unha vez aprobada a decisión da súa incorporación.

Trala xuntanza, os rexedores reuníronse coa conselleira cultural da Embaixada de China e representante de Chinese Friendly International, Zhuang Lixiao, coa que se asinou un convenio na Sala de Tercios.

Compartir: