BENESTAR SOCIAL

Clausura dos obradoiros "Activa-T cociñando"

21/03/2014 Dende o 11 de marzo e ata o pasado día 20 tiveron lugar os obradoiros de cociña tradicional galega nos que os e as participantes de distintas nacionalidades puideron aprender a elaborar pratos típicos de baixo custo e elaboración sinxela para o día a día das familias.

Un total de 13 alumnas e alumnos participaron nestes obradoiros de cociña encadrados dentro do Programa "ACTÍVA-T", organizado polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS en colaboración co Centro Xoán XXIII e consistente na elaboración e degustación de comida tradicional galega e repostería económica.

Esta iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión no marco do Proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Compartir: