ALCALDÍA

O alcalde visita as obras de saneamento e abastecemento do lugar de Sabugueira

19/03/2014 Ángel Currás desrazouse a Lavacolla, á parroquia de Sabugueira, para comprobar cos veciños o resultado das obras de saneamento e abastecemento que se levaron a cabo na zona.

A obra consistiu na realización da rede de saneamento desde o local social e a conexión á existente no núcleo de Lavacolla. Tamén se realizou a rede de abastecemento, en anel, desde o local social ata a rede que había na actualidade. Así mesmo, limpáronse as cunetas.

Os traballos, realizados pola empresa Oviga, supuxeron un orzamento de 66.901,61 euros e tiveron un prazo de execución dun mes.

Satisfaise así a demanda dos veciños desta zona de Lavacolla, que debido á carencia de redes de saneamento vertían as augas residuais a fosas sépticas privadas. Co fin de eliminar este situación, o Concello acometeu a obra, consistente na instalación de 240 metros de tubería completados coa instalación de válvulas e demais elementos necesarios para o correcto funcionamento da instalación. As canalizacións van soterradas en zanxa e levouse a cabo a conexións das actuais acometidas domiciliarias á nova rede e aos entronques existentes.

Documentos relacionados



Compartir: