CENTROS SOCIOCULTURAIS

O xoves 20 ábrese o prazo para a inscribrirse na viaxe a Cantabria dentro do programa Imos de excursión

19/03/2014 Este xoves 20 de marzo a partir das 17 horas comeza o prazo para inscribirse na viaxe a Cantabria incluída no programa municipal "Imos de excursión" para as datas do 17, 18, 19 e 20 de abril.

O programa da viaxe inclue visitas a Santander, Laredo, Castro Urdiales, Comillas, Suances, Santillana del Mar, San Vicente de la Barquera e Potes, achegándose aos lugares máis representativos destas Vilas.

O prezo da viaxe (inclúe autocar en gran turismo, estancia de catro dias en hotel, pensión completa, xantares concertados, guía acompañante e seguro de asistencia e de viaxe) é de 210€.

Información e inscrición nos centros socioculturais.
www.santiagosociocultural.org

Compartir: