FESTAS

Compostela afirma os seus lazos con Padrón

27/07/2006 Compostela celebrou un ano máis o Día de Padrón. A cidade rendeu homenaxe á vila que foi primeira parada dos restos do Apóstolo á súa chegada a Galicia, segundo conta a tradición. Varios actos serviron para celebrar esta particular unión entre os dous municipios no marco das Festas.

As corporacións de ámbalas vilas reuníronse na Praza do Obradoiro, dende a que se dirixiron ao Pazo de Raxoi. Alí, trala recepción, interviron os dous alcaldes, Xosé A. Sánchez Bugallo e Xesús Villamor. A visita á Casa do Concello finalizou coa actuación das bandas municipais de música de Santiago e de Padrón.

Despois dos momentos musicais, os membros das dúas corporacións dirixíronse ás Praterías, onde visitaron "Intramuros", a exposición que recrea a vida dos mosteiros de clausura de Compostela. Os actos deste Día de Padrón pecháronse cun xantar de confraternidade.

Compartir: