CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Concellería de Centros Socioculturais programa máis de 30 accións de marzo a xuño para "ler, contar e gozar coas letras"

18/03/2014 A Concellería de Centros Socioculturais súmase un ano máis á celebración de varias datas significativas no eido das letras entre os meses de marzo e xuño cun abano de actividades nos centros pensadas tanto para pequenos como para maiores. Así, como indicou o concelleiro Francisco Noya, conmemorarase o Banquete literario de Conxo e os días internacionais do Teatro, do libro infantil e xuvenil, do libro e o día das Letras Galegas, dedicado este ano ao poeta Xose Mª Diaz Castro.

As actividades son todas gratuítas e xa está aberto o prazo de inscrición para participar. O edil de Centros Socioculturais, Francisco Noya, salientou a variedade e calidade das mesmas, que supoñen para o Concello un custo de só 4.500 euros.

Co obxectivo de desenvolver accións de conmemoración e dinamización destas datas achégase "Ler, contar e gozar coas letras 2014", que representa unha acción compactada para os meses de marzo a xuño que poñen o acento na lectura, na divulgación e na animación en torno á literatura e na súa expresión e manifestación creativa, como pode ser o teatro.

Esta programación serve tamén de punto de atracción sobre o traballo habitual que se desenvolve na rede de centros socioculturais para públicos diversos, a través de actividades significativas programadas como contacontos, obradoiros, actos conmemorativos, dinámicas divulgativas, clubs de lectura, actividades ludicas, etc. Serán máis de 30 accións preparadas para desenvolver entre os meses de marzo a xuño que están dirixidas a públicos diversos(infantil, familiar, adulto) e queren representar a variedade de propostas que se achegan desde os espazos socioculturais.

Na programación están involucrados 12 dos centros e locais socioculturais: Fontiñas, Vite, Castiñeiriño, Satna Marta, Conxo, San Lourenzo, A Gracia, Figueiras, Marrozos, Amio, Casco Histórico e O Ensanche. Así mesmos, algunhas das actividades contan coa colaboración de programas da Xunta de Galicia como a campaña "Ler conta moito". Igualmente a Concellería dentro desta proposta inclúe tres actividades (2 contacontos e un curso de técnicas de narración oral) en colaboración co "Festival internacional de narración oral Atlántica" que se está a desenvolver actuamente en Santiago.

Durante as actividades programadas e en apoio á Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil(Galix) con motivo do Dia internacional do libro infantil e xuvenil(2 de abril) haberá lectura da mensaxe que este ano ten preparado o IBBY para todos os nenos e nenas das vilas e cidades do mundo en torno aos libros.

Especial agarimo se prestará un ano mais ás actividades preparadas desde o centro sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, para conmemorar o Banquete Literario. Nesta ocasión os actos serán o sábado 22 de marzo as 19h cun programa divulgativo da obra do poeta e recitais poetico-musicais que terán como escenario a escalinata de mármore do Psiquiátrico de Conxo.

Actividades
• CONTACONTOS:
Sábado 15 de marzo ás 19h no Csc das Fontiñas, "Cantos no colo para bebés e familias."/Festival Atlántica 2014.
A cargo de Caudia Fonseca de Portugal
Exercizos de grupo cun amplo repertorio de cantigas de embalar, de xestos e xogos cantados e pequenos contos do Brasil e de Portugal.

Venres 21 de marzo ás 19h no Csc de Conxo "Contas ou cantas"/ Festival Atlántica 2014
Público infantil
A cargo de Avelino Gonzalez

Venres 25 de abril ás 18.30h no Csc O Ensanche "Contos clásicos"
Público familiar
A cargo de Xandobela

Mércores 30 de abril ás 18h no Csc Vite "Contos ao reves"/Campaña Ler conta moito"
Público infantil
A cargo de Marcos Pampín

• OBRADOIROS
Sábado 5 de abril ás 12h no Csc Santa Marta(Aula de xogo)/ Dia Internacional do libro infantil
Obradoiro "Creación do noso propio libro"

Sabado 12 de abril as 17.30h no Lsc San Lourenzo/Dia internacional do libro infantil
Obradoiro "Creación do noso propio libro"

Venres de maio e xuño/9, 16, 23, 30, 6, 13, 20, 27 ás 18.30h ho Csc Santa Marta
O lápis máxico, obradoiro de creación para nenos desde os 6 anos.
A cargo de Pablo Suarez./ Prazas limitadas, actividade gratuíta.
"Campaña Ler conta moito"

Venres 9, 16, 23 e 30 maio ás 18h no Csc de Fontiñas
Obradoiro de gravación de audiolibros infantís
A cargo de Fanfarra de Soños/ Prazas limitadas, actividade gratuíta.
Público adulto e infantil desde os 7 anos.
"Campaña Ler conta moito"

Venres 9 de maio ás 18h no Lsc Figueiras
Obradoiro de monicreques "As nosas marionetas dentro dun conto"
Público infantil + de 5 anos.

Venres 16 de maio ás 19h no Lsc Marrozos e Venres 25 de abril no Csc O Castiñeiriño de 17.30 a 18.30h e venres 9 de maio ás 19.15h no Lsc Casco Histórico.
Obradoiro "Un saco cheo de contos"
Actividade relacionada coa obra do poeta ao que se dedican ás Letras Galegas 2014.
Prazas limitadas./Gratuíto. Previa inscrición.
Público a partir dos 6 anos
Venres 11 abril ás 19h no Lsc A Gracia
Obradoiro de monicreques "As nosas marionetas dentro dun conto"
Público infantil + 5 anos.

Mércores 30 abril Csc Amio "Obradoiro de Monicreques" ás 19h.
Obradoiro de monicreques"As nosa marionetas dentro dun conto"
Público infantil + de 5 anos.
Gratuíto, previa inscrición.

• RETALLOS
Dinámica de recomendación de lecturas entre os lectores da Biblioteca José Saramago de Vite. Dispoñible todos os días nas axencias de lectura da Biblioteca (ver enderezos ao pé do cartaz informativo).

• CLUBS DE LECTURA
Espazos para compartir lecturas en grupo. Prazas limitadas, previa inscrición
Clubs semanais, Csc O Ensanche- xoves ás 19.30; Csc das Fontiñas- martes ás 20h; Csc Conxo- venres ás 19h; Csc StaMarta- martes ás 19.45h; Club mensual Csc O Ensanche- último venres de mes ás 19.30h.
De outubro a xuño 2014.

• ACTIVIDADES EN TORNO AO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Sorteo de libros para nenos na tarde do mércores 2 de abril nas Bibliotecas dos csc de Vite, Fontiñas e Santa Marta, a partir das 18.30h.
Sábado 5 de abril Obradoiro infantil "Creación do noso propio libro" ás 12h no csc de Santa Marta e o 12 de abril ás 17.30h no Lsc San Lourenzo con lectura do manifesto.

• ACTO LITERARIO CONMEMORATIVO DO BANQUETE DE CONXO
Rememorando a través da poesía e da música o histórico Banquete literario de Conxo do 2 de marzo de 1856 e ao poeta Aurelio Aguirre.
Sábado 22 de marzo na escalinata de mármore do Hospital Psiquiatrico de Conxo. Hora: 19 horas
Conferencia a cargo de Xurxo Martínez González (autor do estudo histórico do libro Recuerdos de Agosto (editado por Alvarellos e o Consorcio de Santiago) e recital poético músical( Henrique Alvarellos, Celia Parra Díaz, Rosalía Fernández Rial e Pablo Vidal).

• PEQUENA FESTA DO TEATRO
Os centros socioculturais celebran dun xeito festivo o Día Internacional do Teatro, con propostas sinxelas traballadas desde distintos centros polos rapaces e rapazas.
Sábado 29 de marzo no csc Santa Marta ás 18h/ Soamente para o público infantil. Centros participantes:.Csc das Fontiñas, Csc O Ensanche, Csc Vite, Csc Santa Marta, Csc Conxo.

Mais información e descarga do programa en
www.santiagosociocultural.org

Ligazón do acto de celebración do Banquete de Conxo:
https://www.facebook.com/csconxo/posts/623846517688273%22%3Euna

Compartir: