TURISMO

Reyes Leis mantivo un encontro coa representante da delegación de Tanabe que visitará Santiago en Maio

14/03/2014 A reunión tivo lugar na Casa do Concello e a ela asistiron, ademais da concelleira de Turismo, diferentes técnicos do departamento.

Para perfilar o programa de actividades que se realizará en Santiago nos meses de maio e xuño con motivo do Ano Dual España Xapón 2013-2014, 400 anos de relación

Está prevista a celebración de diversos eventos culturais -como actuacións musicais e representacións teatrais- exhibicións de artes marciais e actos promocionais. Ademais, realizarase unha plantación de cereixos nun tramo do Camiño.

Tanabe é o destino de referencia do Camiño de Kumano que, xunto co de Santiago, son as únicas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco. As dúas cidades levan anos colaborando na promoción conxunta destas rutas, pero este ano reforzouse a colaboración por dúas razóns: a celebración do devandito Ano Dual España Xapón, co que se conmemora a chegada a España da primeira delegación diplomática xaponesa a un país occidental en 1613, e a conexión de Santiago con Estambul de Turkish Airlines, que pode aumentar o fluxo entre ambos países.

A delegación xaponesa estaba encabezada pola coordinadora de Relacións Internacionais do goberno da prefectura de Wakayama, Takako Nakamura

Compartir: