COMERCIO

Reyes Leis reúnese cos comerciantes para explicarlles os proxectos en marcha na Concellería

13/03/2014 A xuntanza tivo lugar na Casa do Concello e contou coa asistencia de representantes das diferentes asociacións comerciais da cidade.

A edil de Comercio informou os asistentes sobre a convocatoria de subvencions para actividades de promoción e dinamización comercial para este ano, que se espera poida ser aprobada en Xunta de Goberno a finais de marzo.

Ademais, tratáronse outros temas como a celebración do programa Santiago Comercio de Cine, tralo éxito do ano pasado, onde se incrementou a partición considerablemente pasando as votación populares de 267 a 976 e os comercios inscritos, de 28 a 48.

Outras dúas actividades que se abordaron foron tanto o Estrea Estilo 2014 como o Desfile Sensacion-all, para buscar a máxima implicación do comercio local.

Compartir: