CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nova cita co programa Imos ao Baile este sábado 15

13/03/2014 Nesta ocasión será no Centros Sociocultural de Vite a partir das 17.00 horas.

Continúa cunha nova cita o programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polas Concellarías de centros socioculturais e de participación cidadá.

Será o sábado 15 de marzo a partir das 17.00h no Centro Sociocultural de Vite. Amenizará a sesión o grupo Zeltía,
Lembramos que a participación é de balde, suxeita unicamente ao aforo do salón do centro.

Centro sociocultural de Vite
Rúa de Carlos Maside 7
Teléfono 981 542 490

Próximos bailes, no calendario do programa en:
www.santiagosociocultural.org

Compartir: