FESTAS

A Praza da Quintana rexistrará un cheo na presentación do último disco de Coti

26/07/2006 O autor, produtor, compositor, músico e artista arxentino, Coti Sorokin regresa mañá a Santiago para presentar o seu último traballo, "Esta mañana y otros cuentos", co que xa logrou o recoñecemento da crítica e do público. As invitacións esgotáronse aos poucos días de ofrecerse. A cita será na Quintana, o xoves 27, ás 23:00 horas.

Coti Sorokin, máis coñecido como Coti, presenta o seu disco tras recibir os eloxios de crítica e público. Alcanzou en pouco tempo un disco de platino por máis de 120 mil copias vendidas en España e o recoñecemento de mellor artista latino 2005 nos Premios Ondas.

Coti rodéase de prestixiosos artistas para dar forma as súas composicións. Así, famoso é o tema interpretado coas dous mexicanas, Paulina Rubia e Julieta Venegas, "Nada fue un error", que arrasou en todas as listas de éxitos.

Este disco está producido, mesturado e interpretado por Coti. Contou para este terceiro disco con figuras como Ismael Serrano o Josemi Carmona, entre outros. Este traballo é unha síntese das súas mellores cancións.

Coti é un dos principais compositores de música en español dos últimos tempos. Así, fixo famoso o tema "Color esperanza" de Diego Torres; "Te quise tanto", de Paulina Rubio; ou "Andar conmigo", •"Lento" e "Oleada", creadas para Julieta Venegas.

Coti amósase diante do seu público en estado puro, como un artista consumado que domina todos os rexistros da linguaxe universal da música.

Coti comeza a traballar en solitario no ano 2001 e ten na actualidade tres discos: "Coti" (2002); "Canciones para llevar" (2004); e o disco que presenta na Quintana: "Esta mañana y otros cuentos" (2005).

Actividades na Alameda

Ademais do concerto de Coti, ás 17:00 horas, como é habitual nestes días, celebrarase na Alameda Ferradura Aberta, para goce dos nenos. E ás 19:30 horas, na rúa do Vilar, a Banda Municipal de Música ofrecerá un repertorio das súas mellores cancións.

Compartir: