EXPOSICIÓN

A concelleira Rebeca Domínguez inaugurou unha exposición sobre arte contemporáneo

12/03/2014 A mostra realizárona os estudandes do bacharelato artístico do IES de Sar.

Como resultado do traballo realizado por un grupo de alumnos do bacharelato artístico do IES de Sar, fíxose unha exposición coas diferentes pezas artísticas resultantes para visibilizar e dar a coñecer o bo traballo que estes mozos e mozas levaron a cabo durante o curso, impartido polo artista Xoti de Luis. No mesmo, pretendíase unha aproximación ao mundo da paisaxe contemporánea a través da obra de diferentes artistas de renome.

A mostra, de nome Iniciación á paisaxe contemporánea, inclúe pezas de Van Gogh, Braque e Szenes. Está organizada pola Concellería de Xuventude e foi inaugurada no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, onde estará ata o 31 de marzo, pola concelleira Rebeca Domínguez. O Concello achega 1.343 euros para a realización desta mostra.

Compartir: