COMERCIO

O Concello convoca os premios do comercio compostelán 2014

12/03/2014 Por terceira ocasión, a figura conmemorativa seleccionarase nun concurso dirixido aos artesáns composteláns adheridos á marca Artesanía de Galicia. Mantense a temática arredor do cine "Santiago ten un comercio de cine", para a promoción do concurso, cun gran éxito no 2013. Así como a web www.santiagocomerciodecine.com.

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi os "Premios do Comercio Compostelán 2014", cos que o Concello quere recoñecer o traballo e o esforzo dos pequenos comerciantes da cidade e que se entregarán o día 15 de maio nunha recepción no Concello. A concelleira estivo acompañada da xerente da Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño, Elena Fabeiro, xa que a peza conmemorativa que se entregará aos premiados seleccionarase entre os artesáns composteláns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía.

Para dar maior difusión aos premios haberá unha web propia, www.santiagocomerciodecine.com, onde se poderá consultar toda a información dos premios e poderán realizarse as votacións populares. As categorías son:

Comercio de Barrio: terase en conta aqueles comercios que destaquen pola súa cercanía nos barrios e por prestar ese valor engadido de proximidade e trato personalizado nas compras do día a día. O comercio gañado no 2013 foi: "Floristería Émbora".

Comercio Agarimo: premiarase ao comercio que sobresaia pola súa esmerada atención ao cliente e servizo post-venta. En 2013 obtivo o recoñecemento "Bulideira".

Comercio Emprende: valorarase o espíritu emprendedor dentro do comercio local (atendendo á idade do promotor, a xeración de emprego, a diferenciación, o tipo de negocio, etc…En 2013 obtivo o recoñecemento "La Bulanxerí".

Comercio Innovación: recoñeceranse as innovacións aplicadas polos comercios nos seus respectivos sectores, tanto a nivel da calidade visual dos estabelecementos coma polos produtos ofertados. O premiado foi "Nobel Muebles".
Comercio autor: Nova categoría. O comercio gañador do concurso de escaparatismo de Santiago ten un Comercio de Cine.

Comercio Veterano: recoñecerase a labor deses pequenos comercios familiares que desenrolan a súa labor dende fai anos demostrando a súa capacidade de permanencia e adaptación os novos tempos. O comercio gañador foi "Sastrería Pepecillo".

Os gañadores dos premios de "Comercio de Barrio" e "Comercio Agarimo" elexiranse mediante votación popular a través da web do concurso. Os outros catros serán elexidos por un xurado composto por representantes do Concello, as Asociacións Comerciais, a Cámara de Comercio, a Asociación de Consumidores e o Mercado de Abastos.

Os gañadores recibirán unha figura conmemorativa. Para a creación desta figura convócase tamén un concurso dirixido aos artesáns composteláns inscritos no rexistro da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. O Xurado estará formado por representantes do Concello, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e das asociacións comerciais.

Compartir: